Axenda

Foliada de Inverno
sábado 17 febreiro 2018, 18:00
Vistas : 292

A Señora Pandeiro e o Señor Pandeira, están de volta para inaugurar o ano foliadeiro en Begonte cunha nova Foliada de Inverno 2018. Despois do interesante obradoiro de percusión do sur de Italia e concerto dos Brigan, daremos paso á Foliada cos seguintes grupos, Foliadeir@s do Castro como grupo residente, Xaquelogo desde Monterroso e pecharán, desde Palas de Rei, a rapazada dos Fedellos da Ulloa, que tan ben o fixeron na foliada aberta do pasado outono. A foliada comezará sobre as dez da noite. Como sempre, agradecemos á Asociación Veciñal do Castro que nos deixen o seu local para facer a festa. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, foliada aberta. Lembramos que aínda se pode apuntar xente ao obradoiro de percusión, ben a través deste correo ou chamando ao 616705174.


Lugar: Local da Asociación de Veciños do Castro - O Castro (Begonte)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.