Axenda

Festa 5º Aniversario Secret Bridge
sábado 03 marzo 2018, 20:00
Vistas : 286

SECRET BRIDGE TATTOO celebramos o noso 5º aniversario este ano a diferencia dos anteriores decidimos dedicar esta xornada única e exclusivamente a diversión e para elo,como non ,o ingrediente principal será a música, en directo, en vinilo ou en formato dixital.
A música en directo a porán 3 grupazos:

-THE HEADLINERS: punkrock dende Nantes (Francia) por primeira vez en Galiza.
- TRUE MOUNTAINS: en formato eléctrico dende A Coruña.
- ZOKETES: hardcore/punk dende León.

O concerto terá lugar no C.C. Auriense a partir das 20:00h. e a entrada será de 10€.(entrada única).

Para as pinchadas contaremos con catro pedazo de pinchadiscos.

Na previa do concerto no Rock club a partir das 18:00h. “LADY PEANUT” (adhaly), nos fará menearnos a ritmo de música negra, reggae, soul, rithm&blues, pop corn... 
Como non, teremos algo para picar para coller forzas para o concerto.

O postconcerto será no rock club a partir das 12:30h. 
Para por a banda sonora, chegan dende as profundas terras do Deza, bastión da dinastía Cuiña “DIE DREI KLEINEN SCHWEINCHEN”.
Estarán pinchando nunha batalla a morte,a tres, no que cada un solo poderá pinchar un tema en cada turno, conseguirán que non deixemos de bailar???? 

Lugar: Café Cultural Auriense - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.