Home Axenda
Events Calendar help
Berlai
Friday, 09 March 2018, 23:30
Hits : 68

Logo de presentar con éxito o seu primeiro disco, 'Desconhecido', o pasado ano, Berlai ofrecerá un novo concerto en Melide. Será un concerto especial, con toda a banda ao completo, e con Ernesto G. Torterolo -autor do cómic que acompaña o disco- debuxará en directo, como parte do espectáculo.

‘Desconhecido’ é unha historia de amor e de tolemia -baseada nunha historia real acontecida na montaña de Lugo- contada en músicas e letras/poemas de Xiao Berlai e debuxos do artista Ernesto G. Torterolo. Unha historia do Far West galego, unha historia (real) dun home solitario que preferiu vivir e morrer só porque non lle deixaron vivir como el quería.

Berlai

Berlai é o proxecto musical creado polo músico compostelán Xiao Berlai, líder da banda. Un proxecto baseado nunha música sen complexos que bebe directamente da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica. 

Berlai é indie rururbano, como consecuencia lóxica á música post-bravu, e así se transmite no primeiro proxecto da banda: ‘Desconhecido’. O resto dos compoñentes da banda son: Pablo Pérez (baixo), Bruno Couceiro (batería) e Iago Mouriño (teclados).

As letras das cancións insisten nun lirismo obsceno, nun romanticismo roto, e nacen como imaxes obsesivas do universo galego: onde as berzas son urbanas, ou o millo necesita cintas de balizamento policial. Este é o ambiente perfecto para o amor máis puro ou o sexo mais porco do ideal berlaiano. Onde a Galiza imaxinaria vai perdendo aos poucos os folgos de seguir sendo.

Proxecto ‘Desconhecido’

‘Desconhecido’ é o primeiro disco de Berlai, un proxecto especial que foi financiado a través da plataforma de crowdfunding Verkami. Un CD/BD no que música, poesía e narrativa ilustrava van xuntas da man copartindo estética, e forman un fío narrativo onde a lectura proposta é o conxunto completo da obra, pero non o único. Así, a obra convértese nun collage no que as partes (unha canción, un debuxo, unha secuencia, un poema) poden ser independentes e, ao mesmo tempo, cando son lidas lidas como partes do todo, cobran un novo sentido. 


Máis información:
www.berlai.com

Location : A Fundación Bowling - Melide

Back

Vindeiros Concertos:

Dom Xuñ 24 - Festas San Xoán Polígono 2018 - Barrio do Polígono - Xinzo de Limia
Dom Xuñ 24 - Festas de Ourense 2018 - Ourense
Dom Xuñ 24 - Festas de San Paio 2018 - San Paio (A Estrada)
Dom Xuñ 24 - Mounqup - Togomago Fest - Valencia (País Valenciá)
Dom Xuñ 24 - San Xoán 2018. A Coruña - A Coruña
Dom Xuñ 24 - San Xoán 2018. Sarria - Sarria
Dom Xuñ 24 @20:30 - - Sumrrá - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Lun Xuñ 25 - Festas de Ourense 2018 - Ourense
Lun Xuñ 25 - Festas de San Paio 2018 - San Paio (A Estrada)
Mar Xuñ 26 - Festas de Ourense 2018 - Ourense
Mar Xuñ 26 - Festas de San Paio 2018 - San Paio (A Estrada)
Mer Xuñ 27 - Festas de San Paio 2018 - San Paio (A Estrada)

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto