Axenda

Sofía Espiñeira
domingo 11 marzo 2018, 18:00
Vistas : 205

Concertos Espontáneos: Esta vez con Sofía Espiñeira: Cantante, compositora, instrumentista, actriz, clown... Contentas de rematar esta fin de semana de homeaxe, visibilización e reivindicación de todas as mulleres, na súa (e na vosa) compañía. Que non pare!

Sofía ten un repertorio propio, xenuino que, dende que comezou a xirar, está a ser recoñecido pola súa orixinalidade e a súa linguaxe directa, contando historias das nosas vidas e das nosas vilas. Será divertido!

Esperámosvos o Domingo e, por primeira vez, a partir das 18h abrimos o micro ás vosas propostas! Si queredes amosarnos algo este domingo escribide a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e contádenos o que facedes...Vémonos no Recuncho de Esmeralda!

Lugar: O Recuncho de Esmeralda - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.