Home Axenda
Events Calendar help
Berlai
Friday, 16 March 2018, 22:30
Hits : 125

Logo de presentar con éxito o seu primeiro disco, 'Desconhecido', o pasado ano, Berlai ofrecerá un novo concerto en Vigo. Será un concerto especial, con toda a banda ao completo, e con Ernesto G. Torterolo -autor do cómic que acompaña o disco- debuxará en directo, como parte do espectáculo.

‘Desconhecido’ é unha historia de amor e de tolemia -baseada nunha historia real acontecida na montaña de Lugo- contada en músicas e letras/poemas de Xiao Berlai e debuxos do artista Ernesto G. Torterolo. Unha historia do Far West galego, unha historia (real) dun home solitario que preferiu vivir e morrer só porque non lle deixaron vivir como el quería.

Berlai

Berlai é o proxecto musical creado polo músico compostelán Xiao Berlai, líder da banda. Un proxecto baseado nunha música sen complexos que bebe directamente da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica. 

Berlai é indie rururbano, como consecuencia lóxica á música post-bravu, e así se transmite no primeiro proxecto da banda: ‘Desconhecido’. O resto dos compoñentes da banda son: Pablo Pérez (baixo), Bruno Couceiro (batería) e Iago Mouriño (teclados).

As letras das cancións insisten nun lirismo obsceno, nun romanticismo roto, e nacen como imaxes obsesivas do universo galego: onde as berzas son urbanas, ou o millo necesita cintas de balizamento policial. Este é o ambiente perfecto para o amor máis puro ou o sexo mais porco do ideal berlaiano. Onde a Galiza imaxinaria vai perdendo aos poucos os folgos de seguir sendo.

Proxecto ‘Desconhecido’

‘Desconhecido’ é o primeiro disco de Berlai, un proxecto especial que foi financiado a través da plataforma de crowdfunding Verkami. Un CD/BD no que música, poesía e narrativa ilustrava van xuntas da man copartindo estética, e forman un fío narrativo onde a lectura proposta é o conxunto completo da obra, pero non o único. Así, a obra convértese nun collage no que as partes (unha canción, un debuxo, unha secuencia, un poema) poden ser independentes e, ao mesmo tempo, cando son lidas lidas como partes do todo, cobran un novo sentido. 


Máis información:
www.berlai.com

Location : La Fábrica de Chocolate Club - Vigo

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Dec 13 @19:00 - - Copa Turbo + Lamprea Explosiva - Sala Real - Aguiño (Ribeira)
Xov Dec 13 @19:30 - - Xardín Desordenado - Libraría Cronopios - Pontevedra
Xov Dec 13 @21:00 - - Talabarte - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Ven Dec 14 - Minguante - Cervcería Risco - Vimianzo
Ven Dec 14 - VII Mercado da Estrela - Santiago de Compostela
Ven Dec 14 @18:00 - - Paco Nogueiras - Biblioteca Pública Municipal - Muros
Ven Dec 14 @19:30 - - Leo Arremecághona e Isaac Xubín - Auditorio da Casa de Rosalía - A Matanza, Iria Flavia (Padrón)
Ven Dec 14 @20:00 - - Festival Cáritas - Auditorio Municipal - Ribeira
Ven Dec 14 @21:00 - - Luar na Lubre - Auditorio Gustavo Freire - Lugo
Ven Dec 14 @22:00 - - Ded Routines + Thee Boas - El Pueblo Café Cultural - Ourense
Ven Dec 14 @23:55 - - Pauliña - Pedrito´s Garage - Arzúa
Sab Dec 15 - VII Mercado da Estrela - Santiago de Compostela

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto