Axenda

Puke Rainbows
sábado 17 marzo 2018, 23:00
Vistas : 173

O sábado, festón con música dos anos 80, da man de Puke Rainbows!!!!!
Puke Rainbows é unha banda de versións formada en Ourense en 2016. Os estilos que toma como punto de referencia son a música disco e o rock internacional dos anos 80 (cun filtro que atende máis ó estilo que á súa cronoloxía estricta). O seu cometido no escenario é facer choutar a toda aquela xente que se lles poña por diante, xa que cren que a «universalidade» deste estilo pode facer confluír a xente de moi diversas idades, gustos e círculos sociais. O encanto dos sintetizadores, a pegada das guitarras, as inesquecibles melodías da voz e o groove da batería e do baixo fan que cada velada sexa un momento especial.

Lugar: A Corte dos Bois - Santa Ana (Sandiás)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.