CONCERTOS. Completamos o programa do #CIP con dous concertos. A francesa Mounqup, afincada dende hai anos no rural ourensano, protagonizará unha sesión vermú coa súa electrónica poderosa e intimista. E o concerto de clausura correrá a cargo de IGMIG. Este trío vigués practica unha mestura de estilos delirante: post-punk, rock progresivo, funky, electrónica ou elementos de música clásica combínanse no seu caso baixo o paraugas dun humor delirante.
Pechará o festival unha pinchada de Percebes y Grelos DJ.
VENRES 6
Pazo de Cultura).
13h00. Sesión vermú con MounQup
SÁBADO 7
Pazo de Cultura