Axenda

Ulträqäns
sábado 07 abril 2018, 23:00
Vistas : 283

Concerto de Ulträqäns. Sábado 7 de abril ás 23:00 no Buril.

Limiar de milenio (ano VI da era Ulträqänidä). Putrefacción do sistema, ofensiva das forzas facciobrutais contra os habitantes do orbe. Chegou a hora de dar a resposta Qänidä. O metalo-choco despreguíza-se, os setentäqulos desferrúxan-se, a maquinária está engraxada e con todas as revisións pasadas satisfactoriamente.
O artilleiro-frautista Aarón, o maquinista-percutivo Amil e o piloto-baixo Antón contan agora na tripulación co enrolamento de Manu á guitarra, encarregado de facer manobrar a ulträgamela para coller o mellor peixe, señora!!
Somos os mesmos qäns, pero mudamos de correa incorporando temas novos ao repertório, con mais paixón e mais quilo-estalos dos que xamais foran concebidos!

Ulträqäns 2013 é un qän con catro patas e rabo. Para as grandes ocasións, tamén 5 músicos. E tamén 6 músicos, señora!!...O saxofonista Pablo Añón , mestre do bebop, e Tomás Sáez ao acordeón enchendo de octanos as melodias, súman-se aos ulträqoncertos cando a ocasión así o require, creando o que se denomina como o Ulträqänäzo!

Algúns dos territorios mais próximos Ulträqänizados nas últimas ulträxeiras foron: Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival de Pardiñas, Festa da Carballeira de Zas, Festigal de Compostela, Festa Folc de Vilariño, Festival da Chaira, Festas da Dorna, Antros Pinos de Taragoña, Magosto Celta de Balboa, As Revenidas de Vilaxoán, Terra e Língua de Artábria, Lugnasad de Bretoña Rebúmbio de Mos, Festival de Naraio, Festival da Poesia de Salvaterra, Grelo Folc de Monfero, Terra Brava do Íncio… até chegar logo alén dos petoutos no Womex de Cáceres, no Mendebala de Bizkaia, ou en Nafarroa, Gasteiz, Vallekas, Valladolid ou Segovia…

Máis información próximamente.

Lugar: O Buril - Sarria
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.