Axenda

Sumrrá
sexta feira 13 abril 2018, 22:30
Vistas : 262

SUMRRÁ Sala SUPER 8 Ferrol
VENRES 13 ABRIL 2018 22:30 H.

Mellor Grupo de Jazz e Músicas Improvisadas Premio Martín Códax 2014. Con 17 anos de traxectoria e 5 discos editados Sumrrá está considerado coma un dos novos referentes do jazz contemporáneo, levando ata os seus límites a exploración e composición do formato piano trío de jazz. Dende o ano 2000, Sumrrá ten participado en numerosos festivais nacionais e internacionais en Sudáfrica, Bulgaria, París, Bolivia, Marrocos, Nicaragua, México, Honduras, El Salvador, Guatemala, Korea ou China. Composicións propias cun directo arrollador e novedoso ó que avalan as mellores críticas.
No 2016 Sumrrá lanza o seu novo 5º disco titulado Sumrrá V
Journeys, editado pola discográfica neoyorkina Clermont Music. Un novo e esperado disco inspirado nalgunhas das cidades polas que Sumrrá ten pasado nas súas xiras internacionais (París, Braga, Johannesburgo, La Paz, Sofía…).
Sen dúbida, Sumrrá trátase dun dos grupos máis importantes do panorama jazzístico actual cunha das traxectorias máis sólidas da escena nacional.

Entradas Anticipadas: 
Sala SUPER 8 - R/Real, 223 - Ferrol - [ven-sáb de 22:30-5:30 h.]
A VELLA FÁBRICA DE LAPIS - R/Lugo, 61 - Ferrol - [lun-ven de 10:00-13:30 h. y de 17:00-20:30 h.] 

ANTICIPADA: 5€ · TAQUILLA: 8€.

Lugar: Sala Super 8 - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.