Axenda

Terbutalina + Boyanka Kostova
sexta feira 20 abril 2018, 22:00
Vistas : 318

Este Venres día GRANDIOSO
TERBUTALINA E BOYANKA KOSTOVA!



A Casa da Tolemia
O 2017 foi un gran ano para Terbutalina, concertos en salas e festivais de toda a península: Zarago- za,Tarragona, Madrid, Sevilla, Málaga,...SOLD-OUT na maioría de salas do país e festas que queda- rán no recordo de todas.
Coa súa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra “Eroskí-Paraíso” conseguen o “Premio María Casares 2017” á “Mellor Música Orixinal”.
No mes de maio veu a luz “Ninguén che quere” o adianto da nova referencia discográfica dos de Muros, “Sonido Esteiro”, un Ep de 7” editado por Folc Records e Triunvirato. Catro cancións nas que se aprecia o sonido propio ao que chegou a banda dende a súa formación no 2010, puro sonido esteiro.
Mais no 2018 péchase unha etapa e comeza A Casa da Tolemia:
Unha variable situacional difícil de predicir e de controlar que fai que persoas sensatas, maduras e sen problemas de personalidade, nun momento determinado, realicen inexplicables condutas de risco, que non son en absoluto habituais para elas e que poden desembocar nunha das maiores festas do país.
Se vostede quere entrar na Casa da Tolemia, non dubide en seguir as aventuras e desventuras da Terbutalina.


Xunto a eles a sensación do trap galego, os xigantes amigos de BOYANKA KOSTOVA

ESTE VENRES 22H
AS ENTRADAS A VENDA NO PUEBLO!
CORRE QUE VOAN.

Lugar: El Pueblo Café Cultural - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.