Axenda

Nai
sexta feira 20 abril 2018, 22:00
Vistas : 229

Despois da saída do noso primeiro sinxelo discográfico, queremos celebrar con todos e todas os/as que fixéstedes posible a súa elaboración. Para isto, convidámosvos ao noso PRÓXIMO CONCERTO DE BOTE! Nun dos locais santiagueses con máis encanto: a GENTALHA DO PICHEL.
Anotade nas vosas axendas, VENRES 20 de ABRIL ás 22:00h, estaremos encantados de vervos, posto que haberá algunha sorpresa que outra. Ademais poderedes mercar o cd se aínda non tivéstedes ocasión.

Vide rematar a semana coa música tradicional galega e portuguesa da nosa man!

Lugar: Gentalha do Pichel - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.