Axenda

Bakin Blues Band
sexta feira 20 abril 2018, 20:30
Vistas : 238

A Bakin Blues Band está a piques de cumprir dez anos de traxectoria e vaino celebrar por todo o alto. Será xusto dentro dun mes, o venres 20 de abril cando presente o seu novo disco -‘Ten long years’- nun concerto moi especial no Teatro Principal de Santiago de Commpostela no que farán un repaso polos temas que nos trouxeron nesta década.

‘Ten long years’ é tamén o título do espectáculo co que a banda compostelá de blues “Bakin Blues Band” celebrará o seu décimo aniversario. Definen este concerto como “un capricho que pretende presentar toda esa experiencia, todos eses encontros, toda esa alegría do blues”.

Trátase dun espectáculo que dalgún xeito pretende recrear o devir da Bakin e asentar unha forma de tocar que foron conformando ao longo destes anos. Será un concerto de 2 horas no Teatro Principal no que intervirá unha banda de 10 músicos, entre membros da Bakin, metais e coros. E a isto haberá que engadirlle convidados que teñen un vínculo especial coa banda. E a festa continuará despois do concerto nunha jam session no Dado Dadá, local fundamental na historia desta banda.
E tamén o 20 de abril estará á venda no propio concerto o disco ‘Ten long years’, terceiro da banda, que inclúe unha escolla de gravacións en directo en Noia, na Sala Capitol e no flamante Fisterra Blues Experience.

Lugar: Teatro Principal - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.