Axenda

Lamprea Explosiva + MUT
sábado 21 abril 2018, 20:30
Vistas : 186

O Liceo Mutante vai saltar polos aires o sábado 21 de abril e queremos que te pille dentro. Dende Vigo suben á capital aproveitando os fangos que deixaron os temporais dous proxectos que queren que non quede en pé nin a palmeira, vai flipar o picudo.

LAMPREA EXPLOSIVA
Alén e Adán. Guitarra e batería. Punk primitivo. Letras afiadas coma as súas cinco ringleiras de dentes. Son dúas dementes cósmicas.
https://lampreaexplosiva.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=V962z0UsBK0

MUT
Ai, mamá. Semella que por se era pouco coa lamprea chamaron aos reforzos e deron nun proxecto máis mutante ca nós. Hardcore desenfrenado. Acuéstate y suda.

https://mutantmut.bandcamp.com/releases
https://www.youtube.com/watch?v=DBeoBZbx40M&feature=youtu.be


Toda a gala por un módico donativo de entre 5 e 8 euros, íntegro para as bandas. Haberá cea vegana. Igual tamén algunha rata. Concerto ás 20:30 h.

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.