Axenda

Carapaus
domingo 22 abril 2018, 20:00
Vistas : 223

HORA: 20:00

ENTRADA: 5€
PUNTOS DE VENTA ANTICIPADA:
BALDANI TENDA
A POUSADA DAS ÁNIMAS
ENTRADAS@APOUSADADASANIMAS.COM

ENLACES DE INTERÉS:
HTTPS://WWW.FACEBOOK.COM/CARAPAUS-372300442788045/
HTTPS://WWW.YOUTUBE.COM/WATCH?V=WFW5DDTVUU8
HTTPS://WWW.YOUTUBE.COM/WATCH?V=OXSNKJYB4QK

Un carapau é un peixe mariño, de nome científico Trachurus trachurus (Linné, 1758) pertencente á familia dos Carangidae; tamén adoita chamarse xurelo, xirelo, chicharro ou chincho na súa xuventude. 

Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010, integrado por Emilio Lois, gaiteiro da Baña, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais, como OCT Ultreia;
Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de Chouteira e colaborador de Malvela, entre outros; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional e coautor do libro Bailabén (Edicións do Cumio, 2010); Sabela Galbán (voz e acordeón), graduada en frauta traveseira polo Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Alberto Pires (bombo e voz), artesán de gaitas tradicionais galegas.

O primeiro disco de Carapaus, Conservas de música tradicional foi gravado no estudio Casa de Tolos (Mañufe, Gondomar), no ano 2012. Contén 10 temas tradicionais, como unha xota dos Campaneiros ou o Pezinho da Vila.
Logo de percorrer escenarios, amenizar torreiros e romarías do país, entre os meses de xaneiro e febreiro do 2015, gravaron o seu segundo álbum, Déixao andar�, no estudio A Ponte (Roxos, Santiago de Compostela). Déixao andar� foi presentado o 16 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela con grande éxito de público. Un traballo que tenta amosar a riqueza da música tradicional galega ao longo de 13 temas, entre os que se achan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, cabo de pezas de composición asinadas por Emilio Lois. Sons tradicionais que reproducen coplas populares e outras que falan dos problemas do noso tempo, tecidas por Sabela Galbán e Gustavo Couto. Destaca, coma no primeiro disco, a sonoridade da gaita, no entanto, este álbum conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira (voz solista e tambor en Tanto nos Ten), e o gaiteiro Luis 'O Caruncho'. A cantautora María Xosé Silvar 'Sés', é autora da letra e da melodía do �Canto de Baltasar�.

Baixo a proclama Somos ghaiteiros, somos revolusionarios, Carapaus teima en amosar a música tradicional galega, así como fornecer con pezas de composición de fondo trazo tradicional o acervo cultural galego.

Lugar: A Pousada das Ánimas - Boiro
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.