Santiago

Ferrolterra

Concertos na comarca de Ferrol

AXENDA

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Home Axenda
Events Calendar help
Juzz
Thursday, 26 April 2018, 21:00
Hits : 204

JUZZ é a banda liderada polo guitarrista galego Virxilio da Silva, un nome, por certo, máis relacionado nun principio coa escena jazzística, aínda que non só se pode cinxir a ese xénero musical.. Virxilio da Silva, ademais de ter colaborado en numerosas gravacións e directos como "sideman" ao longo dos últimos dez anos, é colíder de bandas como Foxy Freire (Galiza), Loiros (Galiza), Fuzzo (Galiza), e Steel Sheep (Holanda), que reflicten a variedade estilística na que este músico novo se sente especialmente cómodo.
Con este novo proxecto vén presentar os seus traballos máis recentes, froito dos últimos anos de procura e experimentación, cunha música cuxas influencias van desde o rock máis psicodélico e ácido de finais dos sesenta até o jazz, pasando polo pop avant-garde máis experimental, o noise e o stoner rock. Unha música que ten como máxima a procura da liberdade alén da súa clasificación nun xénero determinado, e que aspira, por enriba de todo, a manifestar a súa esencia subversiva.
Completan a formación Rosolino Marinello (saxo tenor), Alex Salgueiro (Órgano Hammond), Xan Campos (Rhodes), Felix Barth (baixo eléctrico), e Iago Fernández (batería).
Este concerto enmárcase dentro da xira de presentación do primeiro disco da banda, do que só se fixeron 200 copias en vinilo, unha edición limitada numerada que se poderá adquirir nos concertos.

-------------------------------------------------------------------------------------------

ENTRADAS: 5€ ANTICIPADA / 7€ BILLETEIRA

Location : Aturuxo Bar - Bueu

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto