Axenda

Coanhadeira
sábado 28 abril 2018, 23:00
Vistas : 229

Concerto de Coanhadeira o sábado 28 de abril ás 23:00 h.

Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha
banda de música folk entregada a amosar aqueles “restos”
musicais conservados até os nosos días a través da tradición
oral da cultura galega.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos
cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e
camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque galegos
e de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galicia), A
Carballeira de Zas (Galicia), o Escenario Runas do Festival
Intercéltico de Ortigueira (Galicia), festival da Rebusca
(Galicia), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de
Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L"Orient
(Francia), entre outros.
No 2015, lanzan tras un longo período de traballo, o seu novo 
álbum: Bicos con luvas, co que pretenden realizar unha nova 
achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar 
e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras 
sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de 
Coanhadeira. Desta volta, a banda non chega soa, contou co 
apoio de ducias de mecenas que contribuíron nunha campaña
de crowdfunding para acompañar o grupo nesta nova aposta �discográfica. No 2007 foron gañadores da sección folk do concurso Nsaio no 
Camino (Galiza)
2008 gañadores do XI Concurso Folk Radio Obradoiro 
(Galiza) Finalistas do Escenario Runas do Festival 
Intercéltico de Ortigueira (Galiza)
Segundo premio no concurso Folk Folkez Blai (Bizkaia, 
Euskadi)
2009 gañadores do IV Concurso Folk Escenario PRAU 
(Cantabria)
2010 Segundo premio no concurso folk Eurofolk.

COMPOÑENTES:

JESÚS PÉREZ,”CHECHU”: Gaitas e Zanfona.
MARCOS PÉREZ "KINHOS": Batería e percusións.
PATRICIA LÓPEZ: Voz e percusión.
ALBERTO SÁNCHEZ: Acordeón
OSCAR FREIRE: Saxo sorprano e tenor
EFRÉN NOVOA: Baixo

Lugar: La Cosechera - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.