Axenda

Carmen Rey
quinta feira 03 maio 2018, 21:00
Vistas : 265

Crechas abre mañá maio cun concerto de Carmen Rey que presenta o seu novo disco “…mañá…”

CARMEN REY - XOVES 3 21:00 7€

Compostela, 2 de maio de 2018. Mañá a Casa das Crechas abre a súa programación cun concerto de Carmen Rey que fora adiado por mor da folga do 8 de marzo. A cantora coruñesa presenta o seu novo disco, “…mañá…”, que chega logo de oito anos da publicación do seu anterior disco, “Meu”. Neste tempo, Carmen compaxinou o seu proxecto persoal co traballo á fronte doutros proxectos. A artista é directora e arranxista do coro feminino de música moderna Sisters in the House (finalista dos premios Martín Códax) e do cuarteto vocal Ejazz (gañadoras do Martín Códax, 2017 na categoría de coros e música vocal). Para o directo presenta un novo formato en acústico, piano e voz, acompañada aos coros de Angeles Dorrio e Sara Lorenzo. Na súa carreira, Carme Rey compartíu escenario con Nani García, Jorge Pardo, Brian Trainor, Perico Sambeat, Jeff Jerolamon, Richie Ferrer, Tom Güllion o Baldo Martínez e fixo colaboracións con diferentes artistas galegos como Xabier Díaz, Pablo Díaz, Xosé Manuel Budiño, Emilio Cao, Verónica Ferreiro, Angeles Dorrio. Destacando a gravación da banda sonora de ‘De Profundis’, de Miguelanxo Prado, xunto a Ainhoa Arteta.

Aquí vos queda tamén toda a programación do local compostelán para este mes.

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.