Axenda

Galician Bizarre
sexta feira 04 maio 2018, 21:30
Vistas : 198

Comezamos unha serie de concertos para presentar o terceiro volumen deste recopila da escena galega undeerground actual. Con grupos que sairán no propio disco, nesta ocasión contamos con:

@Lamprea Explosiva- Dende a ría de Vigo, Alén e Adán veñen pegando forte, na vella tradición do punk doente galaico:: 1º disco de Siniestro, Los Santos, Bragas Sucias ou Zoofilia-a-a. Terán o inmenso honor de facer a canción máis curta de tódalas edición.

@ Travesti Afgano- Estes millennials teñen como base de operacións Lerez preto de Pontevedra. Na súa traxectoria leván moitos kms nas súas costas,navegando por tódala peninsula co seu 1º disco "jefes de julais" e agora o seu 2º "nos vale madre".
Veñen de grupos bizarros saídos en anteriores edicións do GB, como Metralletas Lecheras ou Lobishome, e son fans de Cañita Brava ou o Maradona de Carballo.
@Estrambote- Chegan dende Vigo para abrirnos as orellas a un pop de autor, luminoso, cheo de cores e en definitiva moi pouco ortodoxo pero ainda así o teñen claro para botarse a beber nas fontes clásicas: os grupos soulpop dos 60's, pasando polos brillos da costa oeste e os fundamentais Kinks e mesmo Jonathan Richman danse a man nesta trilladora pop que é Estrambote.

Lugar: Sala Magnética - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.