Axenda

Presentación do Libro "Cantar na Coruña"
sábado 12 maio 2018, 20:00
Vistas : 155

“Como valorizarmos a lírica tradicional galega: o caso de Cantar na Coruña”.Sábado, 12 de maio, ás 20 hrs na Casa-Museo Manuel María
Intervirán: Alberte Ansede Estraviz (secretario da Fundación Manuel María)e Xosé Manuel Sánchez Rei (autor). Ao finalizar o acto terá lugar unha ACTUACIÓN MUSICAL a cargo dos gaiteiros PEPE VAAMONDE e UXÍO VAAMONDE MURIAS

Conferencia e presentación do libro “Cantar na Coruña”. Publicación saída recentemente do prelo e que contén máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Compilados durante os séculos XVIII e XIX, estes textos, alén de daren a coñecer unha parte do rico patrimonio inmaterial do país, xurdido e transmitido co pasar das xeracións, serven non só para nos aproximarmos dos modos de vida das galegas e dos galegos da época, mais tamén para sabermos máis un pouco sobre o estado da lingua naquela altura e, igualmente, para recuperarmos desde a actualidade unha forma de manifestación artístico-literaria e de lecer de tanta raizame na Galiza.

Lugar: Casa Museo Manuel María - Outeiro de Rei
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.