Axenda

Martelo + Trioceros
domingo 13 maio 2018, 20:30
Vistas : 149

[Circuíto clubE Estrella Galicia]. Domingo 13 de maio ás 20:30 h no Aturuxo Bar

MARTELO é o Power Rock Trio de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e Max Gómez na batería, ven a aportar unha dose enerxética de actualidade á escena nacional do Rock.

Cancións orixinais, combativas, e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os que xa escoitaron a MARTELO, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band, como principais referencias. Para sair de dúbidas, nada como velos en directo...

https://www.youtube.com/watch?v=uamo4Lq1liU

Rock orgánico, creativo e ecléctico. TR1OC3RO5 é o resultado dun traballo incesante en busca dunha experiencia sonora propia, alimentada pola liberdade creativa dos 3 músicos que forman o proxecto.

Temas propios, polirritmias e mestura de composicións elaboradas e espontáneas ao servizo de ambientes e sonoridades persoais. TR1OC3RO5 comeza o seu camiño en 2014, como un proxecto onde conflúen tres visións independentes de tres músicos con dilatada
experiencia nun camiño común e xenuíno.

https://www.youtube.com/watch?v=95na_Ad3DGA

Entrada: 6€ con consumición mínima

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.