Axenda

O Fiadeiro
domingo 13 maio 2018, 19:00
Vistas : 142

AGRUPACIÓN O FIADEIRO dentro do ciclo… DANZA 3 – Espectáculos de Baile e Música Tradicional

Domingo 13 de maio de 2018 ás 19:00h, no Auditorio Municipal de Ourense

Entradas: a partir de 3 euros.
Pódense mercar no seguinte link: http://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/auditorio-municipal-de-ourense/8726--o-fiadeiro.html, ou tamén o propio día.
Entradas numeradas.

Organiza: Agadic, Concello de Ourense

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o Grupo de Baile e Música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

O proxecto pretende acercar o folclored de cada unha destas agrupacións a distintos Concellos da xeografía galega.

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – No Teatro, na que O Fiadeiro pretende dar mostra do seu amplo repertorio.
Para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento.
Creando en 80 minutos un espectáculo único, espontáneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais.
Para isto, O Fiadeiro, contará co grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe deste FOLCLORE.
Os temas que interpretarán serán variados, en canto a ritmos e formacións.
Esta montaxe, xunto as de Xacarandainas e Cantigas e Agarimos, serven de homenaxe a todas as persoas que exerceron e exercen de transmisores e baluartes da danza e a música tradicionais galegas.
Xunto con elas, as agrupacións do colectivo XOC, queren celebrar que o baile galego tradicional está en proceso para ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC), paso previo á presentación diante da Unesco da candidatura para que a Muiñeira sexa Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

Lugar: Auditorio Municipal - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.