Axenda

Factoría de Subsistencia
cuarta feira 16 maio 2018, 23:00
Vistas : 115

E si, hoxe é un día moi especial, estou de aniversario...QUE CARALLO. E que mellor maneira de celebralo que coa banda de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA largándolle un concerto apoteósico no LICEO de Ourense ás 23h. Se queres facerme un marabilloso agasallo, non tes máis que achegarte HOXE polo LICEO. 
Un concerto que se inicia coa miña entrada nos 51 e que remata celebrando o Día das LETRAS GALEGAS tocándolle algunhas das pezas que formarán parte do segundo disco de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA, que máis se pode pedir?

Xa....xa...que che toque a lotería, unha noite de sexo desenfrenado, atopar ao amor da túa vida, recoñecemento laboral a nivel mundial, a paz interior, un bugatti que te kgas, un casoplón con piscina......perooooo....aparte de todo isto?

Lugar: Liceo de Ourense - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.