Axenda

Ith
sexta feira 18 maio 2018, 22:00
Vistas : 158

Despois de preto de tres anos percorrendo a xeografía galega co seu disco autoproducido “Forte”, chega o momento de presentar o recente álbum de Ith. Este traballo discográfico, que leva por título “O mínimo que o contén todo”, lévao tamén ás mellores e máis coñecidas salas e escenarios de toda Galicia ao longo dos vindeiros meses.

“O mínimo que o contén todo” é un disco gravado, producido e mesturado en Abrigueiro Estudios (Friol - Lugo) por Arturo Vaquero. Contén seis temas de composición propia, así como un poema musicado polo grupo do poeta samanense Fiz Vergara Vilariño. Continúan mantendo neste álbum o espírito de facer rock galego e en galego, aínda que con novas ideas e sons que a banda -Lucía, Miguel, Toxo, Gonzalo e Folgueira- quixo deixar plasmados nel. A temática das cancións vai dende a sempre presente reivindicación, necesaria en toda sociedade, ata o máis puro sentimento e emoción

https://www.youtube.com/watch?v=clT_5Blg8nY

Lugar: Sala Doppler - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.