Home Axenda
Events Calendar help
CreaVigo
From Thursday, 24 May 2018
To Saturday, 26 May 2018
Hits : 199

A arte urbana tomará as rúas de Vigo do 24 ao 26 de maio coa celebración de “CreaVigo”, un programa de creación artística en directo que reúne as artes plásticas, a ilustración, a música e a danza. O evento terá como “escenarios” a Praza de Compostela, a rúa do Príncipe, a Praza da Princesa e a Porta do Sol e contará coa participación de estudantes de varios centros da cidade, a Fundación Igualarte e a Escola de Artes e Oficios.

Paula Cabaleiro, coordinadora de CreaVigo destacou, esta mañá na presentación do evento, que o obxectivo deste programa é “democratizar a cultura contemporánea levándoa á rúa e, deste xeito, facer cidade”. Entre as oito actividades do programa, destacou o espectáculo de percusión e coreografía Trópico de Grelos, o xoves 24, “que arrastrará ao público do Sireno ata Urzáiz cunha música adictiva”, asegurou a coordinadora.

Para os máis pequenos, o sábado 26, a actuación da compañía Traspediante, un espectáculo de danza-circo “que inclúe acrobacias e funambulismo”. Isabell Seide, pola súa banda, ofrecerá tamén o sábado pola mañá un taller de ilustración pola zona vella da cidade. “Propoño debuxar na rúa e mostrar os distintos puntos de vista que cada un pode ter dun mesmo espazo”, describiu a pintora. A escultura chegará da man de Román Corbato, que creará unha peza na Praza de Compostela en colaboración coa Escola de Artes e Oficios. “A idea é que a xente a percorra e interactúe con ela”, asegurou o artista. “Traballar no espazo público é un reto e unha responsabilidade”, concluíu.

Location : Vigo

Back

Vindeiros Concertos:

Dom Xan 20 - San Blasiño - Auditorio Centro Cultural Helios - Bembrive (Vigo)
Dom Xan 20 @18:00 - - Paco Nogueiras - Multiusos da Xunqueira - Redondela
Xov Xan 24 @20:30 - - Luar na Lubre - Barts - Barcelona (Catalunya)
Ven Xan 25 - Keltoi! - Hamburgo (Alemaña)
Ven Xan 25 - Treboada Fest - Salón de Exposicións José Peña - Cambados
Ven Xan 25 @11:00 - - Xacobe Martínez Antelo Trío - Residencia Volta do Castro - Santiago de Compostela
Ven Xan 25 @22:00 - - Brúa - Gentalha do Pichel - Santiago de Compostela
Ven Xan 25 @22:30 - - 106 Foliada - Cafetería Lar - As Pontes
Ven Xan 25 @23:55 - - Pauliña - Chester Lounge Bar - Monforte de Lemos
Ven Xan 25 @23:55 - - Nao - Pub Gatos - Melide
Sab Xan 26 - Keltoi! + Razor + Analogs - Berlín (Alemaña)
Sab Xan 26 - Treboada Fest - Salón de Exposicións José Peña - Cambados

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto