Axenda

Liquen + Vale! Gringo + Turbokraks
sexta feira 25 maio 2018, 20:00
Vistas : 190

Preparádevos para este venres 25 porque imos ter unha boa noite de dancing para rematar Maio, da man de Liquen, Vale!Gringo e Turbo Kraks!. A partir das 20:00 h.


Liquen veñen dende Santiago, traen unha mistura perfecta entre post-rock e post-metal, música instrumental para gozar e movela cabeza. Veñen presentando un EP, e veñen con forza! Escoita!
https://postliquen.bandcamp.com/album/liquen-ep

Turbo Kraks veñen dende Ferrol para amosarnos o seu post-hardcore, en formato power trío. Os seus concertos son máis que pura enerxía, sempre intetarán bailar máis ca ti! Escoita que teñen disco!
https://turbokraks.bandcamp.com/releases

Para rematar co baile temos a Vale!Gringo, estes rapaces son incatalogábeis, xogan e combinan tódolos estilos que se lles pasan pola cabeza, pero o seu obxectivo está claro, que non deixes de bailar! Escoita!
https://pequenamorte.bandcamp.com/album/el-h-roe-del-tiempo

Todo isto e moito máis nesta Casa Mutante por tan só un donativo de entre 5 e 8 euros para que estas bandas da terra poidan continuar co seu camiño

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.