Axenda

CreaVigo
From quinta feira 24 maio 2018
To sábado 26 maio 2018
Vistas : 428

A arte urbana tomará as rúas de Vigo do 24 ao 26 de maio coa celebración de “CreaVigo”, un programa de creación artística en directo que reúne as artes plásticas, a ilustración, a música e a danza. O evento terá como “escenarios” a Praza de Compostela, a rúa do Príncipe, a Praza da Princesa e a Porta do Sol e contará coa participación de estudantes de varios centros da cidade, a Fundación Igualarte e a Escola de Artes e Oficios.

Paula Cabaleiro, coordinadora de CreaVigo destacou, esta mañá na presentación do evento, que o obxectivo deste programa é “democratizar a cultura contemporánea levándoa á rúa e, deste xeito, facer cidade”. Entre as oito actividades do programa, destacou o espectáculo de percusión e coreografía Trópico de Grelos, o xoves 24, “que arrastrará ao público do Sireno ata Urzáiz cunha música adictiva”, asegurou a coordinadora.

Para os máis pequenos, o sábado 26, a actuación da compañía Traspediante, un espectáculo de danza-circo “que inclúe acrobacias e funambulismo”. Isabell Seide, pola súa banda, ofrecerá tamén o sábado pola mañá un taller de ilustración pola zona vella da cidade. “Propoño debuxar na rúa e mostrar os distintos puntos de vista que cada un pode ter dun mesmo espazo”, describiu a pintora. A escultura chegará da man de Román Corbato, que creará unha peza na Praza de Compostela en colaboración coa Escola de Artes e Oficios. “A idea é que a xente a percorra e interactúe con ela”, asegurou o artista. “Traballar no espazo público é un reto e unha responsabilidade”, concluíu.

Lugar: Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.