Home Axenda
Events Calendar help
CreaVigo
From Thursday, 24 May 2018
To Saturday, 26 May 2018
Hits : 109

A arte urbana tomará as rúas de Vigo do 24 ao 26 de maio coa celebración de “CreaVigo”, un programa de creación artística en directo que reúne as artes plásticas, a ilustración, a música e a danza. O evento terá como “escenarios” a Praza de Compostela, a rúa do Príncipe, a Praza da Princesa e a Porta do Sol e contará coa participación de estudantes de varios centros da cidade, a Fundación Igualarte e a Escola de Artes e Oficios.

Paula Cabaleiro, coordinadora de CreaVigo destacou, esta mañá na presentación do evento, que o obxectivo deste programa é “democratizar a cultura contemporánea levándoa á rúa e, deste xeito, facer cidade”. Entre as oito actividades do programa, destacou o espectáculo de percusión e coreografía Trópico de Grelos, o xoves 24, “que arrastrará ao público do Sireno ata Urzáiz cunha música adictiva”, asegurou a coordinadora.

Para os máis pequenos, o sábado 26, a actuación da compañía Traspediante, un espectáculo de danza-circo “que inclúe acrobacias e funambulismo”. Isabell Seide, pola súa banda, ofrecerá tamén o sábado pola mañá un taller de ilustración pola zona vella da cidade. “Propoño debuxar na rúa e mostrar os distintos puntos de vista que cada un pode ter dun mesmo espazo”, describiu a pintora. A escultura chegará da man de Román Corbato, que creará unha peza na Praza de Compostela en colaboración coa Escola de Artes e Oficios. “A idea é que a xente a percorra e interactúe con ela”, asegurou o artista. “Traballar no espazo público é un reto e unha responsabilidade”, concluíu.

Location : Vigo

Back

Vindeiros Concertos:

Sab Nov 17 - Acid Proyect + You Dog - La Fábrica de Chocolate Club - Vigo
Sab Nov 17 - Magosto do Círculo Recreativo Cultural de Chapela - Alameda Rosalía de Castro - Chapela (Redondela)
Sab Nov 17 - Minguante - A Taberna - Ribeira
Sab Nov 17 - Os Bugis - Casa Patrón - Ribeira
Sab Nov 17 @18:00 - - Gala Final Quero Cantar´18 - Teatro Colón - A Coruña
Sab Nov 17 @18:30 - - Magosto do Xironsa - Salón Peña - Cambados
Sab Nov 17 @19:00 - - Magusto Picheleiro - Gentalha do Pichel - Santiago de Compostela
Sab Nov 17 @20:00 - - Luar na Lubre - Palau Altea - Altea, Alacant (País Valenciá)
Sab Nov 17 @20:00 - - Xardín Desordenado - Multiusos da Xunqueira - Redondela
Sab Nov 17 @20:00 - - Tres por Catro - A Arca da Noe - Vilar de Santos
Sab Nov 17 @20:00 - - Iwüana Punk - La Iguana Club - Vigo
Sab Nov 17 @20:00 - - Indargalega + Suzio13 + Milenrama + Grima - La Iguana Club - Vigo

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto