Axenda

Sabela King and The Hearthbreakers
sábado 02 xuño 2018, 13:00
Vistas : 119

Sádado 2 - 13:00 Sabela King & The Heartbreakers na S.Vermú dos Seráns en Feixóo

Sabela King & The Heartbreakers nos Seráns en Feixóo, ao vivo en Sesión Vermú!

Teremos barra fóra, o posto de polbo de Deulpo e feira de discos.

Sabela King & The Heartbreakers
[Blues] Trío do que forman parte Sabela King, Ramón Figueira “Figui”e Benjamín Vázquez.

Estilísticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50's 60's, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais a un formato reducido. Parte do repertorio está formado por temas propios dulcemente acompañados de ukelele e voz da man de Sabela e adornados intelixentemente polas guitarras de Benja e as armónicas de Figui.

Cabe destacar a súa participación no Festival Feito A Man do 2015 e tamén no V Outono Códax Festival, ambos afincados en Santiago de Compostela. Así como a súa participación na primeira edición do Fisterra Blues Experience.

Sabela “King” - Voz, ukelele e percusión
Benjamín Vázquez – Guitarra
Ramón “Figui” - Armónicas

Festival organizado por: Modus Vivendi, Borriquita de Belém e Riquela.
Patrocinado por: Cerveza 1906 e Bodegas Lodeiros

Lugar: Praza de Feixóo - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.