Axenda

Pablo Castaño Quartet
sábado 02 xuño 2018, 20:00
Vistas : 96

Pablo Castaño Quartet presenta o primeiro disco en solitario deste saxofonista galego acompañado dun trio de luxo e coa colaboración especial de Ugia Pedreira. “A-la-láa” é un novo CD de jazz que toma como punto de partida os cantos libres da música tradicional galega como os alalás e as coplas.

O álbum, editado por aCentral Folque, foi gravado por Pablo Barreiro ao vivo durante dúas sesións de improvisación musical en xaneiro de 2018 e masterizado en Nova Iorque polo reputado produtor Kastuhko Naito.

Castaño está acompañado na gravación de dous dos nomes máis relevantes da escena galega, como son o pianista Yago Vázquez, residente en Nova Iorque, e o batería Iago Fernández. A eles súmase o bo facer do contrabaixista arxentino Demian Cabaud e da cantante Ugia Pedreira, que está presente en dous dos temas do disco.

Vázquez e Cabaud non poderán asistir á presentación do proxecto, mais no seu lugar estará o pianista galego Xan Campos e como convidado especial o contrabaixista xaponés Masatoshi Kamaguchi.

Lugar: Teatro Colón - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.