Axenda

Malasombra Jazz
sábado 02 xuño 2018, 22:00
Vistas : 83

Malasombra Jazz 22:00h entrada 5€
Formase en Santiago de Compostela ao longo do ano 2012,. variando os músicos da sua formación ao longo dos anos de existencia, para dar continuidad ao proxecto (Alvaro P.Vila, Guillermo ”Willy” Prieto, Pedro Nascemento, Luis Asensio, Ana Fernández, Samuel Casal, Iria Iglesias, Nico Durán, Tito Contreras, Mercè Palacios, Alex Mariño, Manuel Varela, Baldomero lojo Mercucci).
A formación que se presenta no Bba Bar o día 2 de xunio conta con Mauro Rábanos á batería, Álvaro P.Vilariño na guitarra, Iago G. Quelle no baixo eléctrico e contrabaixo, Samuel Casal ao saxo tenor e soprano, Miro Lamas ao trombón, Baldomero lojo Mercucci na voz e Guillermo "Willy" Prieto na trompeta.
O seu repertorio intenta ser un percorrido pola historia do Jazz, dende estándares de artistas dos anos 50 e 60, como Dexter Gordon, Wes Montgomery, Grant Green, Miles Davis, Lee Morgan ou Benny Golson, pasando polo Jazz Rock dos 70 (Billy Cobham, Herbie Hancock, Wayne Shorter) e o latin Jazz de Chick Corea ou
Chucho Valdés, ata temas máis actuais de músicos como John Scofield, Robben Ford, Joshua Redman e Kenny Garrett. Conta tamén con algún tema propio, como “Dulce Nostalgia- EaRmane” (Willy Prieto).
Recentemente ven de gravar ao seu segundo CD, con temas estándars do jazz vocal (Autum Leaves, Love For
Sale, Fly me to the moon...) con algunha incursión tamén no mundo do Blues (John Lee Hooker, T-Bone Walker) versións de clásicos do rock como Roxanne (Police) e un tema instrumental Dulce Nostalgia –
EaRmane (Willy Prieto&Malasombrajazz).

Lugar: Bâbâ Bar - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.