Axenda

Soul Maxín
sexta feira 08 xuño 2018, 21:00
Vistas : 147

Soul Maxín nos Seráns en Feixóo

Soul Maxín
[Soul] banda de música soul que nace en novembro de 2016 na
cidade de Compostela. As influencias musicais da banda abranguen grupos e artistas como Sharon Jones & The Dap-Kings, Freedonia, Etta James ou Sam Cooke. Aínda que se definen como unha banda de soul, o grupo ten influencias musicais diversas, xa que os membros da formación tiveron experiencias previas noutros grupos de estilos moi dispares coma o rock, o blues, o pop ou o jazz. Durante estes meses de vida a banda comezou interpretando versións e creando temas propios co desafío da creación cooperativa de cancións en galego. En novembro do 2017 reciben o 1º premio do certame para bandas emerxentes Outra+Outra organizado polos Estudios Mans, a Fundación Paideia Galiza e a Diputación da Coruña. Dito premio permitiulles gravar o seu primeiro E.P. nos Estudios Mans, o cal presentarán nas distintas salas da xeografía galega ao longo do 2018.

Yolanda Mtnez. Cores: baixo e coros
Esteban Lemos Portillo: trompeta
Fernando Villa Vieiro: guitarra
Alexander Pérez Rego: saxo tenor
Julio Lens Diz: teclados, saxo alto, coros
Catuxa Magán Pichel: voz principal e teclados
Aitor Garuz Milla: batería

Festival organizado por: Modus Vivendi, Borriquita de Belém e Riquela
Patrocinado por: Cerveza 1906 e Bodegas Lodeiros

Lugar: Praza de Feixóo - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.