Axenda

Serán´01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional
From sexta feira 08 xuño 2018
To domingo 10 xuño 2018
Vistas : 199

O "Serán'01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional" reunirá na Cidade da Cultura de Galicia entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal.

O encontro contará con máis de 40 actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional. Baixo a dirección artística de Quique Peón, o encontro nace para conmemorar a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedemento que vén de iniciar a súa tramitación.

Ao longo dos tres días, o Gaiás acollerá múltiples actividades, todas elas de balde e relacionadas coa cultura popular e a danza e a música tradicional.

Organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración de Agadic.

Serán’01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional reunirá na Cidade da Cultura entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal. O encontro contará con máis de 40 actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional. O Encontro nace para conmemorar a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedemento que vén de iniciar a súa tramitación.

[Descarga aquí o programa completo]

Serán’01 inclúe desde espectáculos e actuacións musicais, a contidos formativos, obradoiros infantís, ademais dunha zona de mercado e exposicións ou desfiles de traxes tradicionais. Podes consultar o programa completo no apartado de descargas desta mesma páxina ou ver aquí os contidos máis destacados:

  • Festival Folclórico no que participarán oito dos mellores grupos de baile tradicional de Galicia [venres 8 de xuño]
  • ‘Foliadón’, unha gran foliada que ao longo de cinco horas reunirá a centos de artistas sobre o escenario. Na festa actuarán man a man artistas galegos consagrados, grupos de música e baile tradicional e informantes –persoas procedentes de aldeas de toda Galicia, auténticos transmisores da nosa cultura tradicional– [sábado 9 de xuño]
  • Desfile do Traxe ‘Sete Varas e un Refaixo’, con traxes tradicionais antigos e reconstrucións fieis á tradición procedentes das distintas comarcas galegas. Espectáculo realizado pola asociación Sete Espadelas (Pontevedra) o domingo 10 de xuño ás 11:30 horas no Museo Centro Gaiás.
  • Recinto feiral, con stands de todo o sector vinculado á cultura popular: artesáns do tecido, da confección, do calzado, da ourivería, de instrumentos tradicionais, asociacións e federacións, organización de festivais, empresas de servizos… etc.
  • Obradoiros infantís de creación de zocas con materiais de reciclaxe e xogos tradicionais e Foliadiña Infantil, coa participación de agrupacións de cativos e cativas de toda Galicia.
  • Espazo de conferencias, debate e formación especializada ao longo dos tres días.
  • Concerto de Coros Históricos decanos de Galicia, coa participación de Toxos e Froles (Ferrol) e De Ruada (Ourense). A actuación, que terá lugar o domingo 10 de xuño ás 17:30 horas poñerá o peche de honra ao gran encontro do folclore galego.
  • Exposición de Mantóns antigos de seda. Podedes marabillarvos con estas pezas,  na Sala de Tirantes no andar 0 do Museo Centro Gaiás, durante todo o Serán’01.

Completan o programa proxeccións, presentacións audiovisuais e editoriais e un espazo de xantar.

Lugar: Cidade da Cultura de Galicia - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.