Axenda

II Festivala "Mulleres Creando"
sábado 09 xuño 2018
Vistas : 132


Chega a segunda edición de "Festivala, mulleres creando". Trátase dun festival composto de distintas partes no que se pretende visibilizar o papel das mulleres en diferentes sectores. Haberá representacións teatrais, debates/palestras, presentacións de libros, feira, obradoiros e concertos entre outras actividades. Naceu coma unha crítica cara os carteis que normalmente compoñen os eventos musicais totalmente androcéntricos. Por iso, nesta ocasión, dámoslle a volta e facemos un festival no que as protagonistas son as mulleres.
Contaremos nesta ocasión con dous espazos en Vilagarcía de Arousa: a planta alta da Praza de Abastos pola mañá e mediodía e a Praza da Peixería pola tarde e noite.
^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^E TODO DE BALDE^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^

Ainda estás a tempo de participar poñendo o teu stand en festivala enviando email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Se sodes mulleres e tedes un proxecto que debe coñecerse non o o dubidedes.

CONFIRMACIÓNS (Iremos confirmando grupos cada día)
Escenario ABASTOS -Sesión Vermú-
*Punkiereteiras
Escenario PEIXERÍA
*VOODOO

Confirmamos a outra das artistas que estará pola mañá en FESTIVALA Cora Sayers.

SEGUINTE CONFIRMACIÓN «SEÑORA DJ» Debutou na primeira edición do FESTIVALA e volta outra vez despois de recorrer diferentes puntos da xeografía galega.

BOOOM! Seguinte confirmación dende Madrid chega á Galiza La Otra & LAS LOCAS DEL CO! Música feminista para este FESTIVALA O 9 de xuño

Seguinte confirmación R&B moderno, jazz urbano e psicodelia: XA´LUM dende A Coruña! Xa'Lum

SEGUINTE CONFIRMACIÓN PARA O FESTIVALA! E como elas din, facendo “chirll-out: lo que nos sale de la chirla” chegan dende Salamanca, Estrogenuinas.

Lugar: Vilagarcía de Arousa
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.