Axenda

Som do Galpom
sábado 16 xuño 2018, 22:30
Vistas : 63

SOM DO GALPOM Sala SUPER 8 Ferrol
SÁBADO 16 XUÑO 2018 22:30 H.
O grupo formouse em Decembro de 2005, pensamos que Som do Galpom é un grupo de directo; e o directo, un bó lugar onde poder disfrutar da música que facemos. A idea inicial era a de fusionar diferentes estilos musicais dándolle moita importancia á mensaxe que queríamos transmitir. Queríamos facer unha música orgánica tocada por nós fuxindo de arranxos electrónicos. Os nosos temas teñen un pouco de funk, un pouco de reggae e un pouco de rap, polo tanto lle chamamos funki-reggae-rap.

No ano 2009 gravamos o noso primeiro disco “Em terra de ninguém” (mesturado e masterizado nos estudos Casa de Tolos). Para o noso segundo traballo de estudo (“A galinha de Troia”) houbo que agardar ata Novembro de 2013, e foi gravado e mesturado en Oceano estúdios; a producción musical estivo a cargo de Javier Abreu e o mastering se fixo en Mastering Mansion (Madrid).

Neste 2018, despois dun parón de mais de un ano, fomos galardoados cun Premio Martín Códax da Música, xusto cando comezamos unha nova etapa con enerxias renovadas e caras novas.

Formación:
-Gael Bassave (voz)
-Brais Bassave (violino)
-Guillermo Vistoso (guitarra)
-Iván Bernárdez (baixo)
-Pablito Mordecán (bateria)

ENTRADAS ANTICIPADAS:
Sala SUPER 8 - R/ Real, 223 - Ferrol - [ven-sáb de 22:30-5:30 h.]
A VELLA FÁBRICA DE LAPIS - R/ Lugo, 61 - Ferrol - [lun-ven de 10:00-13:30 h. e de 17:00-20:30 h.]
Entrada: 5€

Lugar: Sala Super 8 - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.