Home Axenda
Events Calendar help
Pablo Díaz
Wednesday, 20 June 2018, 18:00
Hits : 106
Pablo Díaz

Mércores 20
| Praza de Pescadores | 18:00

Pablo Díaz é un prestixioso músico coruñés, que debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC apadriñado por Santiago Auserón, en decembro de 2009, coa editorial Kalandraka, acadando un éxito espectacular en Galicia, xa que a primeira edición do traballo esgotouse en 3 meses, e vai xa pola 5a re-edición do traballo.

Con este traballo resultou un dos 3 finalistas nos premios galegos da música Martín Códax. Foi o gañador do premio “Anisia Miranda á creatividade infantil” en 2011.

En novembro de 2013, ve a luz o segundo traballo, TOC TOC, da editorial Galaxia. Con este traballo conseguiu o recoñecemento do mundo musical acadando o premio ao mellor traballo de música infantil nos premios Martín Códax 2014, e tocando por máis de 50 concellos de Galicia.

En decembro de 2014, presenta o seu novo traballo máis íntimo e dedicado ao público de menor idade: “Xente Miúda, moita fartura”, apostando nesta ocasión pola autoprodución e por contar coa colaboración de Tito Calviño e Carmen Rey.

En decembro de 2016, o último traballo de Pablo, “TIC TAC TOC”, viu a luz a través da editorial Galaxia.

Os concertos de Pablo Díaz e o seu guitarrista, teñen una duración de 60 minutos aproximadamente e van dirixidos a un público infantil en particular, e familiar en xeral.

Estes concertos son case os primeiros concertos pop-rock-folk para a xente miúda. Poderemos cantar os temas máis divertidos do último traballo “TIC TAC TOC” e fará tamén un pequeno repaso dos temas máis emblemáticos dos anteriores traballos “TIC TAC” e “TOC TOC”

Location : Praza de Pescadores - A Coruña

Back

Vindeiros Concertos:

Sab Feb 23 - Rock contra o Racismo - Espaço Toca - Braga (Portugal)
Sab Feb 23 @10:30 - - Ezetaerre - 40´Rock - Durango, Bizkaia (Euskal Herria)
Sab Feb 23 @12:00 - - Servando Barreiro - Biblioteca Anxel Casal - Santiago de Compostela
Sab Feb 23 @13:00 - - Davide Salvado e Pedro Pascual - Tribuna Pública - A Coruña
Sab Feb 23 @14:30 - - Xornada de Porco Celta e Música Tradicional Galega - Granxa de Barrerios - Barreiros, Ortoá (Sarria)
Sab Feb 23 @16:00 - - Thee Blind Crows + Berta Franklin - O Mercado Street Food - Lugo
Sab Feb 23 @20:00 - - Luar na Lubre - Gran Teatro de Elche - Elx, Alacant (España)
Sab Feb 23 @20:00 - - Os Sibailas - Función Lenguaje - Madrid (España)
Sab Feb 23 @20:00 - - SondeSeu - Auditorio Municipal Alovi - As Pontes
Sab Feb 23 @20:30 - - High Paw + Danman + Baodub + Dennis Capra - Pub Black - Santiago de Compostela
Sab Feb 23 @21:00 - - Susana Seivane - Auditorio Hernán Naval - Ribadeo
Sab Feb 23 @21:00 - - Tecor Societário + Bule + Fuxitivos - Pub O Furancho - Lugo

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto