Axenda

Malasombra Jazz
sexta feira 22 xuño 2018, 23:30
Vistas : 70

Malasombra Jazz é un grupo formado ao abeiro da Escola Estudio, escola de música radicada en Santiago de Compostela. Fórmase ao longo do curso 2012/13, sendo nese verán onde comezan a dar os seu primeiros concertos. A súa formación actual conta con Mauro Rábanos á batería, Álvaro P. Vilariño na guitarra, Iago G. Quelle no baixo eléctrico, Samuel Casalao saxo tenor e soprano, Miro Lamas ao trombón, Manuel Varela na voz e Guillermo "Willy" Prieto na trompeta.

O seu repertorio intenta ser un percorrido pola historia do Jazz, desde estándares de artistas dos anos 50 e 60, como Dexter Gordon, Wes Montgomery, Grant Green, Miles Davis, Lee Morgan ou Benny Golson, pasando polo Jazz Rock dos 70 (Billy Cobham, Herbie Hancock, Wayne Shorter) e o latin Jazz de Chick Corea ou Chucho Valdés, ata temas máis actuais de músicos como John Scofield, Robben Ford, Joshua Redman e Kenny Garrett. Conta tamén con algún tema propio, como“Dulce Nostalgia- EaRmane” (Willy Prieto).

O día 22 de Xunio no “Dado Dada” farán a presentación do segundo CD do grupo, que recolle o proxecto vocal montado coa incorporación de Manuel Varela a voz. Cd con temas diversos que incluye dende temas estándar (Autum Leaves, Love For Sale, Fly me to the moon...) incursións no mundo do Blues (Boom Boom de John Lee Hooker, T.Bon Suffle de T-Bone Walker) ou versións de clásicos do rock como Roxanne (Police), así como o primeiro tema de composición propia (Dulce Nostalgia - EaRmane de Guillermo “Willy”Prieto & Malasombra). Temas dirigidos musicalmente y arreglados por Pablo Castaño.

Reservas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Prezo: 8€

Lugar: Dado Dadá Jazz Club - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.