Axenda

Blues do País
sábado 23 xuño 2018, 23:30
Vistas : 68

A noite do sábado, 23 de xuño, a asociación Espazo Lectura celebra un san Xoán alternativo coa XI Fogueira dos Versos:unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida, bebida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun concerto para toda a familia a cargo de Blues do País, un dos grupos da cooperativa galega Charlatana.

Blues do País son Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas). Música de calidade,  mesturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo. Como eles mesmos din: Si, señora! Blues en galego!

A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura (Donas) a partir das 21:00 horas.

Coa Fogueira dos Versos, Espazo Lectura pecha outra tempada centrada no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Durante este período, grazas ao traballo voluntario e desinteresado dos membros da asociación, conseguiu ofrecer de maneira aberta e gratuíta más de 100 actividades dirixidas a persoas de todas as idades.

Vémonos na Fogueira!

Lugar: XI Fogueira dos Versos - Gondomar
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.