Axenda

San Xoán 2018-.Teis
sábado 23 xuño 2018, 22:00
Vistas : 102

A Asociación Veciñal de Teis organiza unha das fogueiras de San Xoán máis orixinais por engadir o universo Star Wars a unha das nosas tradicións máis ancestrais.
Será fronte ao Auditorio de Teis, o que antes era o Centro Cívico.

A Tropa Korriban de Star Wars estará animando a festa desde as 22:00 horas xunto aos tradicionais pan de millo, sardiñas e a gran cacharela.

Ademáis do desfile da tropa Korriban de “Star Wars”, a celebración de Teis incorporará postos de comida, doces, bebidas, herbas de San Xoan e actuacións musicais que correrán a cargo do grupo de gaitas da asociación e DJ Pichy.

Lugar: Camiño de Maceiras - Maceiras, Teis (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.