Axenda

Corazón da Artesanía
From sexta feira 06 xullo 2018
To domingo 08 xullo 2018
Vistas : 383

Música

O programa do Corazón da Artesanía. VII Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia complétase con espectáculos e concertos que terán lugar na Praza do Concello. O grupo O Sonoro Maxín será o encargado de pechar o programa do venres 6 de xullo e a banda de jazz compostelá Sumrrá protagonizará a noite do sábado 7. Os dous concertos están programados para as 22:30 horas. O domingo será a quenda de De vacas, que actuarán en sesión vermú, ás 13:00 horas. O sábado tamén ás 13:00 terá lugar o espectáculo de música e teatro As fillas bravas, da compañía Chévere. A música tradicional estará representada pola Asociación Cultural Xacarandaina, da Coruña, que actuará o domingo ás 19:00 horas, así como por Bico da Balouta, de Agolada, que se encargará dun pasacalle o sábado a partir das 18:00 horas.

Lugar: Os Pendellos - Agolada, Ferreiroa (Agolada)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.