Axenda

Lamprea Explosiva + Montclair
sexta feira 13 xullo 2018, 20:30
Vistas : 149

Este venres 13 de Xullo temos unha cita moi especial, Lamprea Explosiva e Montclair, cancións curtas vs cancións longas, o punk representado nos seus extremos, como o imos desfrutar!

Lamprea Explosiva, xa ben coñecidos no Mutante, veñen dende Vigo, son dúas dementes cósmicas, son Adán e Alén, guitarra e batería, facendo punk primitivo, cancións curtas e directas. Levan facendo o que eles queren e como queren dende o principio. Teñen xa unha chea de cousas publicadas, escoita!:

https://lampreaexplosiva.bandcamp.com/album/jumento
https://lampreaexplosiva.bandcamp.com/track/monsanto
https://www.youtube.com/watch?v=V962z0UsBK0&t=44s

Montclair son un grupo da militancia mutante, adícanse a facer pasaxes instrumentais de longa duración en formato de alto volumen, música que bebe do drone, do ambient, do noise, do faino ti mesma e do underground en xeral. Música contextualizada mediante proxeccións que amosan diferentes aspectos da nosa vida e que nos perxudican a todas. Montclair ó final son unha especie de Punk-Orquestra reducida, e acaban de sacar unhas cancións á luz, autoeditadas e autoproducidas, para presentalas neste concerto, escoita!

https://montclairx.bandcamp.com/releases
https://www.youtube.com/watch?v=rEQDoTY-s9I
https://www.youtube.com/watch?v=I2xPfe267Z4

Montclair contarán cunha introducción de Turbante, dous membros de montclair, que neste proxecto exploran máis a fondo as dinámicas do ambient, o drone e a improvisación, tamén acompañado de proxeccións, escoita!

https://turbante.bandcamp.com/releases


Todo isto por un donativo entre 5 e 8 euros para que as artistas poidan seguir o seu camiño. Vinde ó Liceo Mutante a desfrutar da música e da vida!

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.