Axenda

XVII Festival Retrouso
sábado 14 xullo 2018, 21:00
Vistas : 127

XVII FESTIVAL RETROUSO e V RETRO-FOLIADA

Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!
Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 14 de xullo a partir das 21h.
Nesta XVII edición contaremos coa participación do Grupo Santaia de Oleiros.
Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.


E tralo gran éxito acadado nos anos anteriores, repetimos coa RETRO-FOLIADA!!!
A partir das 22:30h gran foliada no Eirado de Cela na que contaremos, ademais de con todos vós, cos seguintes grupos convidados que virán tocar e participar da festa:
A.C. Amanexo, Cinco en Zocas, TreVellos e Choran as pedras.

Por suposto, trátase dunha foliada aberta a todo o mundo.
Estades todos convidados!!!

Todos aqueles grupos que queiran vir a tocar e/ou cantar, podedes anotarvos de xeito anticipado aquí neste evento ou ben enviando mensaxe privada ao facebook de Retrouso; ou alí no mesmo día da Retro-Foliada.

Haberá bochinche con comida e bebida para repoñer forzas e combater a calor e a sede!!


Para os que nunca viñestes a Cela, aquí tendes unha ligazón ao google.maps que vos leva ata o mesmiño Eirado de Cela (pasando o cemiterio, fronte á Igrexa):

Lugar: Eirado de Cela - Cela (Bueu)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.