Axenda

Tralo-Valo
sábado 18 agosto 2018
Vistas : 162

Meigas e feitizos con Gustav Henningsen“, é o sábado 18 de agosto. Ordes
Inscrición aqui

Programa adicado a este antropólogo cun roteiro por Ordes o vindeiro sábado 18 de agosto pola tarde. A actividade (andaina e concerto) é de balde e debe reservarse con antelación aquí. O roteiro estará guiado polo musicólogo Xabier Groba e o concerto de Tralo-Valo deseñado para esta actividade exclusivamente interpretado con repertorio gravado polo antropólogo danés na súa estadía na vila nos anos 60.

Tralo-Valo é o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas, que interpretarán cancións do repertorio gravado polo antropólogo G. Henningsen en Galicia (1964-1968), fundamentalmente da bisbarra de Terra de Ordes. Música de matriz patrimonial, que se conservou ao longo de xeracións, florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, romances, cancións de andar o camiño, alalás, agarrados.

Lugar: Ordes
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.