Axenda

Peña + Corbi
sexta feira 07 Setembro 2018, 19:30
Vistas : 200

Tras un 1 aniversario espectacular e unha boa Feira Franca, seguimos cos eventos no Pavónides! Apunte!. Venres 7 de setembro ás 19:30

Peña:

"Peña son Rubén Abad, Elena Vázquez e Toño Magariños, tres músicos inquedos e curiosos con embros de Cró!, Trilitrate e diola nas súas filas que se propoñeron neste proxecto bucear no universo pop dende a súa vertente máis intimista e misteriosa (Low, Daniel Johnston, Nick Drake) ata a psicodelia acústica máis experimental (Syd Barret, Richard Dawson),cantando en galego e orbitando en torno ao amor en tódalas súas formas como eixo central da súas composicións."

Corbi:

"Corbi está que nin que sí, nin que non. Moito Nick Drake, un montón, e un pouquiño de Robert Wyatt. Guitarras flotis para lembrar cousas en voz baixiña da man do militante de Matadero, Montclair e Carne Branca."

Lugar: Pavero Bar - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.