Axenda

II Romaría do Monte de San Pedro
sábado 08 Setembro 2018
Vistas : 184

Segunda edición! Un ano máis dispoñémonos a encher de entusiasmo e cultura un lugar simbólico pola súa posición privilexiada: O Monte de San Pedro.

Música ao vivo, xantar popular, xogos, conversas en torno a historia da cidade, teatro, baile, sorteos... durante todo un día ata o solpor.

Vermú amenizado con música Folk orixinal de Güintervan e micro-teatro da man do grupo Teatro Sobre Ruedas.

 Disfrutaremos dun xantar 90% km0 con 250 racións de balde. (Tamén podes traer o teu para compartir).

 Un café temático e de xogo, para despois escoitar "Contos da Coruña" da man de Xurxo Souto ou a "Historia do Asociacionismo feminino progresista da Coruña" con Ana Romero Masiá.

 Presentaremos o documental Esquece Monelos, de Ángeles Huerta + equipo. Haberá dous pases de video para quen queira coñecer a historia deste río desaparecido baixo as rúas da cidade.

Clase aberta de baile tradicional para quen se anime a dar uns pasos e unhas risas.

Concerto folk galego e cantigas populares da man de Pan Sen Fron

 Foliada durante a xornada e ata o solpor

Finalizaremos a xornada con mais música ao vivo co dúo revelación ;) de Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras e o Folk Irlandés da Banda BOJ que este ano fixéronnos disfrutar como cativas en Ortigueira.
....
Unha Romaría reinventada. Un feito social símbolo dos valores das persoas que nos acheguemos a disfrutar o 8 de Setembro dun entorno incrible.

Lugar: Monte de San Pedro, Visma (A Coruña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.