Axenda

Orquestra Metamovida + Inhumankind
sexta feira 05 outubro 2018, 20:30
Vistas : 199

Parece que foi onte cando comezaron a tocar, pero o 5 de outubro a orquesta estará de aniversario. ¡100 anos de Meta! Tres séculos xa de accións sonoras para achegar a improvisación máis rockeira ás nosas vidas. ¡Ven a celebrar o primeiro lustro da Orquestra ó Liceo! E por se fose pouco contarán coa presencia de Inhumankind, a banda barcelonesa de ¿¿¿"Death metal acústico"??? ¡Non deixes que cho conten, porque non saberán! ¡"XXV aniversario Metamovida"! *Ollo á espumeada de cartel de Paulo Pascual. ¡IMOS!

A Meta!:
http://www.metamovida.org
https://www.youtube.com/watch?v=WDvciSZe-qk

Inhumankind!:
https://i-voidhangerrecords.bandcamp.com/album/self-extinction

Ven desfrutar desta máxica velada aportando un donativo de entre 5 e 8 euros íntegro para as bandas, no teu lugar de encontro favorito chamado Liceo Mutante!

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.