Axenda

Felicia Pop Festival
From sexta feira 12 outubro 2018
To sábado 13 outubro 2018
Vistas : 399

O próximo 12 e 13 de outubro celebrarase en Limodre a vixésima edición do Felicia POP Festival. Para esta edición, que será GRATUITA, os rapaces de Felicia teñen preparado o mellor dos carteis posibles.
O venres 12 de outubro o Festival abrirá as súas portas sobre as nove da noite, momento en que a organización terá un “detalle” co público asistente, iso si, ata acabar coas existencias e, home, algo haberá que consumir, non si?
Ás 21:45, subirá ao escenario o impecable directo de Jamie Fifthring & The Coffee Breakers. Os seguintes en saltar á area serán os irmàns de leite dos Replacements, os ferroláns Bang 74. Finalizaremos a primeira sesión do Festival co Garaxe-Punk-Rock bailongo dos rapaces de AULA 11 que, sen dúbida, darán que falar.
Ao acabar a música en directo peregrinación POP cara á antiga escola indiana, para alí mesmo rematar a noite en compañía de dous dos máis grandes DJs do país; Nico Estrume e Kung fu panda 
O día 13 de outubro comezaremos, á unha do mediodía, coa tradicional sesión Vermú, nesta ocasión formado parte dos actos que organiza o concello na súa exitosa campaña de “Ven a Fene”. Será o momento de disfrutar do ilustre bardo limodrés de ascendencia aragonesa;Roger de Flor, que nos deleitará con algúns dos seus mellores temas. En compañía, iso si, dos seus inseparables almogávares.
Pola noite, ás 21:45 romperá o xeo a enerxía bilbaína dos Bonzos para dar paso a continuación a unha das mellores bandas do panorama nacional, Mujeres. No momento que os barceloneses baixen do escenario, será a quenda dun icono da música Pop como son os ingleses The Primitives. O broche final á vixésima edición poñerano outros cataláns, neste caso serán Los Retrovisores, enerxía, simpatía e divertimento a moreas ao servizo das xentes do POP.
Para rematar e mitigar a nostalxia de outro festival que remata, afogaremos penas nun salvaxe afterhours con pinchas chegados de todo o Estado. Aos mandos estarán, na reixa de saida o lugués “Limón Helado” correndo o fin de festa a cargo dunha tarraconense ilustre que se esconde baixo o agarimoso seudónimo de; “Dona aos pratos”.
Só me resta animarvos a todos a vir a Limodre e gozar connosco da vixésima edición do Felicia pop Festival. Non deixes de asistir porque si non o vives de nada vale que cho conten!!!

Lugar: Pista de Limodre - Limodre (Fene)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.