Axenda

Discoclube Bizarro
sábado 13 outubro 2018, 17:30
Vistas : 193

QUE É ISTO?

En inglés chámano "listening party", pero nós non somos ingleses e "festa de escoita" sonaba moi raro, así que discoclube pareceunos unha boa opción.

O caso é que toda unha serie de artistas e bandas galegas está unida e traballando para sacar adiante o #GalicianBizarre3, terceiro volume dunha serie de recopilatorios que recollen unha parte da música galega subterránea (chamádelle "underground" se queredes, nós non somos ingleses) e imos xuntar unha boa parte deles e delas para presentar e descubrir esas cancións no Café Bar El Muelle.

Quedamos ás 17:30, para ir con calma, tomando un piscolabis, pero non te preocupes que non imos pasar 4 horas falando. Despois de escoitar o Galician Bizarre 3, haberá pinchada de música galega ata as 21:30, para que che dea tempo a ir ao HUMO FEST - Santiago de Compostela.


QUEN VAI ESTAR?

Algúns dos teus ídolos e ídolas: Atrás tigre, KADETTGSI, Contenedor De Mierda, Travesti Afgano, Esposa, BULTO, Puma Pumku e PANTIS.

No disco tamén saen ídolos teus que non poden estar, como Selvática, Oh Ayatollah, Jay, Lamprea Explosiva, Pálida, Dois, BoyankA KostovA, Bifannah e Estrambote.


PARA QUE SE FAI?

Como todo nesta vida, as nosas motivacións son unha mestura de necesidade de cartos e ganas de pasalo ben. O dos cartos é para poder sacar adiante o disco: teremos alí un bote para que nos deixes as voltas e explicarémosvos como aportar no noso crowdfunding, que o tedes debaixo. Pero xa de paso xuntámonos todos e todas, falamos, escoitamos música guai, tomamos unhas e vémonos as caras.



Lugar: Café Bar El Muelle - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.