Axenda

AgoraSón 2018
sexta feira 26 outubro 2018, 21:00
Vistas : 221

As voces femininas de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski serán protagonistas no AgoraSón 2018, que se celebrará o venres 26 de outubro no centro Ágora. A cita, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña coa colaboración das Bibliotecas Municipais, segue a liña doutros eventos promovidos polo consistorio, como o Festival Nororeste Estrella Galicia ou as propias Festas de María Pita, nos que o goberno local aposta pola visibilización e presenza de mulleres artistas.

O Agorasón é unha iniciativa gratuíta e aberta á veciñanza que procura promover a lectura en lingua galega, así como proporcionar alternativas de lecer na poboación adulta e promocionar a música na lingua do país. No concerto desta edición, que comezará ás 21.00 horas, participará unha das formacións máis novidosas e aclamadas do presente ano, como é A Banda da Loba, así como outra das voces máis recoñecidas da música galega das últimas décadas, Sonia Lebedynski.

Para poder asistir ao concerto a cidadanía só precisa recoller os convites que se atopan nos distintos centros da rede de bibliotecas municipais, e que se reparten, no seu horario habitual de apertura, pola retirada de libros en galego. Cada persoa poderá coller até un máximo de dúas invitacións para a cita.

Lugar: Centro Ágora - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.