Axenda

Xardín Desordenado
sexta feira 16 novembro 2018, 20:00
Vistas : 243

Xardin Desordenado en LIBROURO (Vigo)¡¡¡
Este venres, 16 Novembro, ás 20 horas.
Os xardineiros temos nas paredes da nosa bufarda de Tirán citas de diversos poetas. Pero tamén temos algunha propia, por exemplo ésta:
"Os libreiros son traficantes na máis sutil das drogas, a literatura"
Falando de libreiros, de librerías e de Vigo... LIBROURO é toda unha institución, á que dun xeito ou outro está ligada a vida de todos os veciños.
E os amigos de LIBROURO decidiron celebrar o Día Internacional das Librerías cun concerto de Xardin Desordenado. Será este venres (veña, que xa só hai tempo para o boca a boca; entre bico e bico, concerto de Xardin) 16 de Novembro, ás 20, unha hora moi apropiada para emocionarse e saír logo a chiquitear pola cidade vella.
Xira #VictoriaDaLuz
Homenaxe a #MariaVictoriaMoreno
Contratación Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Lugar: Libraría Librouro - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.