Axenda

Habelas Hainas
sábado 17 novembro 2018, 21:00
Vistas : 181

Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza, Historia viva. Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con…

HABELAS HAINAS, logo dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo presentan "LIVRES E LOUCAS", primeiro traballo discográfico deste grupo de músicas de raíz galega cun son enérxico, fresco e orixinal dende olladas feministas e sociais.

Lugar: A Cova Céltica - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.